Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org
sombi
sombi
imaxen cabeceira
Tamaño fonte
A+ | A- | Reset
Menú con atallos
Servizos do concello
Asociacións Aranga
A.VV. San Lourenzo de Vilarraso
A.VV. O Igresario de Feás
A.VV. San Pedro de Cambás
A.VV. Sta. Cruz de Aranga
Club Xuventude Castellana
Consejo de Ancianos
Soc. Cultural, recreativa e deportiva O Cruceiro
A.VV. Alba Muniferal
Usuarios





Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí
Pasar un anaco
xogo aleatorio

Estatísticas
OS: Linux p
PHP: 5.2.9
MySQL: 5.0.67-community
Hora: 22:32
Caching: Disabled
GZIP: Enabled
Membros: 581
Noticias: 155
Ligazóns: 17
Novos usuarios
jaroenfor(jaroenfor)
(2010-03-09 02:35:47)
Roindjnkfvjkfvijfijkdfd(Roindjnkfvjkfvijfijkdfd)
(2010-03-08 14:27:00)
avyapnrty(avyapnrty)
(2010-03-08 00:13:00)
Lilialenem(Lilialenem)
(2010-03-07 00:55:38)
jose antonio(jose antonio)
(2010-03-06 03:14:28)
Sindicacións
Cofinancia
anagrama xunta

Benvidos a Aranga

Benvidos á web do concello de Aranga.

Podes utilizar a navegación por atallos. Segundo o navegador que utilices:

  • En Firefox, pulsa Alt e letra dos menús. Ex.  Alt+P lévate a páxinas recomendadas.
  • En Internet Explorer pulsa Alt e letra dos menús  e despois Enter
  • En Opera pulsa Tecla de maiúsculas e ESC.

Un saúdo dende o concello.

Aberto o prazo de inscripción para asistir á Xuventude Galicia Net, que se celebrará durante os días
OMIX - OMIX

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado presenta unha nova edición da Xuventude Galicia Net, o maior evento tecnolóxico da nosa comunidade que se ven celebrando dende fai 11 anos, e que neste 2010 terá lugar os días 26, 27 e 28 de marzo, no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela.

O prazo de inscipción está aberto na nosa web www.xuventudegalicia.net. Os interesados só terán que acudir a dito enderezo e introducir os seus datos. A cuota é de 40 euros, e aos usuarios do carné xove descontaráselles un 25%.

Ler máis...
 
XA QUEDAN MENOS DE 200 PRAZAS PARA PARTICIPAR NOS ROTEIROS PARA A XUVENTUDE
OMIX - OMIX

 A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado está ultimando a organización de "Os roteiros para a xuventude", unha actividade lúdica, medioambiental e de aventura na que participarán máis de 1.000 mozos e mozas de toda Galicia de entre 18 e 30 anos. En menos de quince días esgotáronse xa máis de 800 prazas, polo que aqueles que queirades participar tendes que darvos présa en anotarvos.

Os interesados en participar na iniciativa da Xunta xa poden facer a reserva da súa praza nos números de teléfono 981 545 937/ 54 57 02 e 54 58 22, en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres. Unha vez realizada a inscrición deberase efectuar o pagamento da cota de participación no prazo máximo de 48 euros. En caso contrario, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado disporá da praza reservada. No momento de facer a chamada indicarase a información necesaria para facer o ingreso.

Os posuidores do Carné Xove ou do Carné Máis deberán abonar 57 euros. A taxa para os que non dispoñan destes documentos é de 75 euros. A cobertura das actividades non inclúe os desprazamentos (nin de ida nin de volta) entre o punto de partida e o lugar onde se desenvolve a actividade.

Ler máis...
 
Campamentos da Xunta de Galicia
OMIX - OMIX

A XUNTA PON A DISPOSICIÓN DA MOCIDADE GALEGA ARREDOR DE 9.000 PRAZAS PARA OS CAMPAMENTOS E ACTIVIDADES DE VERÁN

A campaña "Acción de Verán", oferta distintas alternativas de lecer e tempo libre para persoas desde os 9 ata os 35 anos.

 A campaña inclúe os campamentos, dirixidos á participantes de entre 9 e 17 anos, ademais doutras actividades como campos de traballo ou estadías de multiaventura e deporte para os que xa cumpriron os 18, e ata os 35 anos.

Tanto en campamentos como actividades, a mocidade galega poderá facer segundo as súas idades vela, participar en xogos tradicionais, en actividades de expresión corporal, surf, escalada, equitación, kaiak ou realizar travesías en embarcacións tradicionais.

Para os mozos e mozas de entre os 9 e os 17 anos, a Dirección Xeral de Xuventude oferta campamentos nas catro provincias galegas, así como noutras comunidades autónomas. Nas instalacións, desenvolveranse actividades de carácter recreativo, turístico, cultural, e deportivo, entre outras.

O prazo de inscrición ábrese o martes 9 de marzo ata o próximo día 23 de marzo, que se poderán presentar tano por escrito como por vía telemática.

SORTEARANSE PRAZAS DE BALDE ENTRE AQUELES QUE OPTEN POLO DIXITAL PARA FACER A SÚA INSCRICIÓN NA CAMPAÑA.

Durante a última quenda de agosto, porase en marcha un campamento transfronteirizo "Gallaecia-Lusitania", que creará un espazo lúdico de encontro entre mozos e mozas galegos e portugueses. Alí, realizaranse xogos e actividades en plena natureza, promoverase o coñecemento das dúas culturas raianas, a través do percorrido de "espectaculares espazos históricos e naturais" dos parques de Baixa Limia-Serra do Xurés (Galicia) e Peneda-Gerês (Portugal). En definitiva, consistirá nunha "vivencia multicultural", na que haberá actividades de convivencia, obradoiros, piscinas e rutas de sendeirismo.

Para máis información:

 

Orde do doga do 8 de marzo de 2010

 

www.xuventude.net

 

OMIX aranga: Este enderezo de correo electrónico está protexido contra os robots de spam; necesita ter Javascript activado para podelo ver , ou na casa do Concello de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas

 

PIX: na Aula de informática en horario de apertura do local.

 

 
Alimentación saudabre
Servicios Sociais - Servicios Sociais
CURSO DE ALIMENTACIÓN SAUDABRE

Por razóns persoais da ponente deste curso sentimos comunicar que queda anulada esta charla do 19 de febreiro ata nova data.


 
A XUNTA CONVOCA POR PRIMEIRA VEZ MÁIS DE 3.000 PRAZAS PARA A APRENDIZAXE DE LINGUAS ESTRANXEIRAS NO
OMIX - OMIX

A XUNTA CONVOCA POR PRIMEIRA VEZ MÁIS DE 3.000 PRAZAS PARA A APRENDIZAXE DE LINGUAS ESTRANXEIRAS NO 2010

A dotación total das achegas para mellorar os coñecementos en inglés, francés e alemán será de 3.829.900 euros. Como novidade este ano realizáranse cursos no primeiro trimestre do curso 2010- 2011, a maiores dos que se desenvolveran desde xuño ata finais de agosto. Os beneficiarios, 427 máis que en 2009, serán alumnos e alumnas de primaria, secundaria e bacharelato. Os estudantes terán asegurada a calidade dos novos programas de ensinanza de idiomas deseñada pola Xunta.

Imaxe do artigo ou noticia
 
Ampliado o prazo ata o 17 de febreiro para inscribirse no Encontro Galego de Mobilidade Xuvenil Euro
OMIX - OMIX

Ampliado o prazo ata o 17 de febreiro para inscribirse no Encontro Galego de Mobilidade Xuvenil Europea, que terá lugar o día 20 en Santiago

A dirección xeral de Xuventude e Voluntariado organiza o vindeiro 20 de febreiro o I Encontro Galego de Mobilidade Xuvenil Europea. Esta iniciativa pretende ser un espezo de intercambio de experiencias entre os participantes implicados nos distintos programas de mobilidade europeos: Xuventude en Acción e Lonardo da Vinci

Imaxe do artigo ou noticia
 
Charla sobre alimentación saudable en Aranga
Cultura - Actividades culturais
O concello de Aranga organiza unha CHARLA SOBRE ALIMENTACIÓN SAUDABLE
Será impartida por Marta Carballal, pediatra do Centro de Saúde de Betanzos
Venres 19 de febreiro 2010 ás 17.00 ata as 19.00 h

Inscripcións no concello ata o 15 de febreiro.
Máis información no 981 793551
 
Merenda con contos, na biblioteca do Toxiño
Cultura - Actividades culturais
Ven merendar cos mellores contos da túa biblioteca.
Hai unha morea de historias esperándote.
Contaremos historias fantásticas, de animais, clásicos,…

LUGAR: AXENCIA DE LECTURA “O TOXIÑO”
HORARIO: MARTES ALTERNOS DE 17:30 A 18:30 HORAS
A actividade comezará o martes 19 de xaneiro. Os próximos días
serán anunciados na porta das Axencias de Lectura)
 
"II Curso de Cestaría"
Cultura - Actividades culturais
Organiza Asociación de Veciños Santa Cruz de Aranga

Prezo: 20 € para socios/as, 40 € non socios/as
 
Lugar: Ponte-Aranga
Horario: sábados alternos de 10:00 a 13:00 horas
Comezo: sábado 23 de xaneiro de 2010
Para se inscribir contactar con algún dos membros da directiva da asociación.
 
Festa do Entroido de Aranga. Actuación das Cantareiras de Ardebullo
Cultura - Actividades culturais
Sábado 20 de Febreiro de 2010
Organizada pola Federación Veciñal de Aranga “Fragas do Mandeo”
Programa:
- 12:00 h: Misa na igrexa parroquial San Paio de Aranga. Ás 12:30h.: Actuación do grupo Patuleiriñas
- 13:00 h: Xogos Populares (a bilarda, a ra, carreira de sacos e tiro á corda)
- 14:30 h: XANTAR: empanada, cocido (chourizo, cacheira, grelos, patacas, etc...), filloas, roscas, café, augardente.
- Pola tarde actuación dun GRUPO MUSICAL e das Cantareiras de Ardebullo

Prezo: 15 €/persoa
(7€ nenos/as menores de 10 anos)
Entradas xa á venda.

Contactar  con  calquera  membro  das  asociacións  de  veciños Santa Cruz de Aranga, San Lourenzo de Vilarraso, Alba Muniferral,
San Vicente de Fervenzas e San Pedro de Cambás) antes do 17 de Febreiro de 2010.
Haberá  concurso  de  disfraces  con  2  premios  (1  para  o  mellor disfraz  individal e outro para grupos).
Haberá un agasallo para todas as persoas que asistan disfrazadas.

Colabora Concello de ARANGA
 
Curso de benestar animal
Cultura - Actividades culturais
O Concello de Aranga, en colaboración coa Consellería de Medio Rural organiza os seguintes cursos:

*Benestar animal para o transporte (custo de taxas: 10€ aproximadamente)
*Benestar animal en explotacións (custo de taxas: 6€ aproximadamente

Celebraránse no primeiro trimestre do ano 2010, o lugar de impartición dependerá dos lugares de residencia das persoas que se inscriban.
O número de prazas é de 15 a 25 grandándose por orde de inscrición (no concello 981 793 551).
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 11 de 112
2007 Concello de Aranga.
Praza de Mestre Mosquera 1.Pontearanga-A Coruña
Tfno.981793551
Directory of General Blogs Local Blogs - Blog Top Sites