Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org
sombi
sombi
imaxen cabeceira
Tamaño fonte
A+ | A- | Reset
Menú con atallos
Servizos do concello
Asociacións Aranga
A.VV. San Lourenzo de Vilarraso
A.VV. O Igresario de Feás
A.VV. San Pedro de Cambás
A.VV. Sta. Cruz de Aranga
Club Xuventude Castellana
Consejo de Ancianos
Soc. Cultural, recreativa e deportiva O Cruceiro
A.VV. Alba Muniferal
Usuarios





Recuperar a chave?
Quérese rexistrar? Rexístrese aquí
Pasar un anaco
xogo aleatorio

Cofinancia
anagrama xunta

Benvido ós foros de opinión do concello de Aranga.

Procuremos resultar cordiais nos comentarios para non ofender aos demais usuarios.
Este é un punto de encontro entre usuarios e veciños de Aranga.


Foros de Aranga
Benvido, Invitado
Por favor Identifiquese ou Rexístrese.
Perdeu o seu password?
Futuro Turístico (1 vendo)
_GEN_GOTOBOTTOM Publicar resposta

tema: Futuro Turístico

#9
Censor (Usuario)
Platinum Boarder
Mensaxes: 69
graphgraph
Futuro Turístico 16/12/2006 15:38 Karma: 6  
Turismo

Todos temos a posibilidade de comprobar que con só facer tres rutas de sendeirismo (preciosas pero desatendidas e apenas publicitadas) se trouxo a Aranga un montón de visitantes, que lle dan un pouco de vida ó pobo. Pois como aquilo que funciona hai que potencialo e promocionalo para que se multiplique, eu propoño o seguinte:
1-As fragas situadas nas ribeiras dos ríos Mandeo e Cambás, xunto con algunha periferia, deben transformarse nun Parque Natural.
Pontearanga sería a entrada natural do parque e habería que instalar un centro de interpretación e información ó visitante. Isto debera ser complementado ou acompañado polos seguintes servizos á entrada do Parque (Situaríanse en Pontearanga e aldeas do entorno, sen esquecerse de que outras aldeas de todo o Concello tamén se beneficiarían):
•Unha casa de oficios tradicionais e artísticos (Museo, Construción e Venta)
•Casas rurais (Non hai ningunha no Concello, e potencialmente moitas son adecuadas)
•Albergue xuvenil
•Cámping
• Restaurantes ou cantinas con rurais con encanto
•Turismo activo
•Etc.
2.Acondicionamento e mantemento de rutas de sendeirismo, cicloturismo e incluso en automóbil. Situaranse en todos aqueles lugares interesantes do Concello:
Naturais
Monumental (Igrexas, Cruceiros, Casas Grandes, etc.)
Históricos (Restos de Castros, Castelos)
Minas
Lendas
Etc.
3.Construcción de áreas de recreo atractivas.
  O administrador desactivo a escritura ao publico.
#12
Censor (Usuario)
Platinum Boarder
Mensaxes: 69
graphgraph
Re:Futuro Turístico (Sendeirismo) 23/12/2006 02:39 Karma: 6  
De cara a elaborar un catálogo de posibles rutas de sendeirismo, e co fin de que non se esqueza ningunha importante, agradézovos que publiquedes neste foro, todas as rutas que se poden facer na vosa parroquia. Tamén mas podedes enviar ó meu correo: jepeor@hotmail.com . Unha vez recibidas as vosas propostas e xunto coas miñas, elaborarei un catálogo que publicarei neste foro.
O fin deste catálogo non é outro que indicarlles os nosos representantes no Concello, a maneira de que cun escaso presuposto e sen danar a fermosa paisaxe que temos, poidan atraer un turismo que fará viables unha serie de negocios = postos de traballo = asentamento de poboación.
Grazas de antemán

Mensaxe editada por: Censor, a: 2006/12/23 23:43
  O administrador desactivo a escritura ao publico.
#40
Bolboreta (Usuario)
Platinum Boarder
Mensaxes: 104
graphgraph
Re:Futuro Turístico (Sendeirismo) 09/04/2007 17:27 Karma: 10  
Encantame sair ó campo a camiñar. Sei que en Aranga hai 3 rutas pero hai tramos que están bastante descuidados.

A que parte de Ponte Aranga hacia Muniferral pola beira do río ten tramos que pasan por propiedade particular á altura de Veiga, e o paso está cortado. A altura de Roibos había unha ponte colgante que xa non está transitable (o eso me dixeron cando preguntei por ela)

A que parte da Serra da Loba hacia Castro Rodicio donde dín que hai unha casacada moi bonita ten algunha zona que non é moi recomendable se es un principiante. Tes que vadear o rio subindo e baixando a montaña. Non se che ocurra torcer un pe porque nin cobertura de movil hai, asi que vas de cu...

Ademais no inicio según a climatoloxía o camiño pode estar bastante embarrado.

Se tes sorte verás cabalos salvaxes e algún que outro corzo.

O problema é que superada a parte mais chunga, case rematando e despois de pasar varios muiños de auga, chega un momento en que a vexetación faise moi espesa, non se ve ni camiño nin indicación algunha. Dixerónme que desde o lugar de Couce (o outro extremo da ruta) o acceso é mais facil. Tentaremolo a proxima vez.

Por ultimo hai unha ruta circular bastante longa (podese ir en bici de montaña en bastante recorrido) que enpeza en Paicamiño, cara a Montouto, pasa pola Ermida de San Vitorio, cruceiro, pegada de Roldán, mámoas...
Na parte negativa, o ano pasado colocaron un lote de molinetes que estropean bastate a paisaxe.

Está bastante ben indicada. Son 20 e pico km se se da a volta completa. Percorre toda a parroquia de Cambás no seu límite con Guitiriz e Monfero.

Xa cerca de Flores na parroquia de Feás, onde hai unha pequena igrexa en ruinas moi bonita, tedes outra ruta circular bastante asequible para todas as idades. Está xa no concello de Coirós. Comenza e remata en Ponte Xora e vai seguindo o río a carón de varios muiños e unha minicentral electrica. Está bastante ben ciudada e indicada.

Dispon no comenzo de varias mesas e barbacoas (ollo co lume) onde poder comer, igual que en Ponte Aranga, que case me esquencía decilo.

saudos a todos.
  O administrador desactivo a escritura ao publico.
#41
polvo (Usuario)
Fresh Boarder
Mensaxes: 2
graphgraph
Re:Futuro Turístico 11/04/2007 13:20 Karma: 0  
Otra de las cosas que se podría intentar mejorar es la cobertura de telefonía móvil en Ponte Aranga, ya que hasta ahora solo hay de Vodafone y poca. Si te pierdes por los caminos perdidos y te ocurre algo, sin cobertura es un poco peligroso...

También propongo 'rehabilitar' un poco el antiguo molino de agua de Ponte Aranga, como reclamo turístico (está un poco abandonado, con las piedras de moler robadas y el techo peligrando...)
  O administrador desactivo a escritura ao publico.
#42
Censor (Usuario)
Platinum Boarder
Mensaxes: 69
graphgraph
Re:Rutas de Aranga 11/04/2007 20:40 Karma: 6  
As tres rutas que ti mencionas, alguén no seu día, tivo a feliz idea de deseñar, elaborar e catalogar. Non sei cal é o motivo pero esquecéronse de mantelas e aquilo que non se mantén acaba como están agora as rutas. De todos xeitos teñen fácil recuperación e aínda se poden percorrer perfectamente.

En Aranga aparte de recuperar estas rutas hai outras moitas potenciais de extraordinaria beleza. Espero que con denuncias coma as vosas e propostas que iremos facendo proximamente, os responsables do concello se poñan as pilas e se dean conta do potencial que están desperdiciando.

Un saúdo
  O administrador desactivo a escritura ao publico.
#51
Censor (Usuario)
Platinum Boarder
Mensaxes: 69
graphgraph
Re:Novas Rutas para Aranga 19/04/2007 20:05 Karma: 6  
A continuación fago unha serie de propostas para potenciar o turismo natural do noso concello. A ver se alguén toma nota.

Saúdos a todos.

Posibles novas rutas de sendeirismo, cicloturismo e outras opcións turísticas

Aranga

•Ruta da Fraga do Mandeo. Aranga – Ponte Castellana- Aranga ó longo do río, ida por unha beira e volta pola outra. Atención a muíños, fervenzas, presas, bosque autóctono, etc. Sería de desexar que se recuperasen os muíños.

•Construción dunha pequena e agradable ruta para persoas maiores ou discapacitados, que non poden afrontar outras máis complexas. Podería ser dende Ponte Aranga ata a ponte de madeira (facerlle acesos para diminuídos físicos) e regreso pola outra beira.

•Ruta das Minas. Aranga – antigas explotacións mineiras preto Vieiro. Posibilidade de facer visitable un pequeno filón. Sería xa para nota, reconstruír o sistema que empregaban para baixar os minerais ata Aranga transformandoo nun pequeno teleférico con gran atractivo turístico para os visitantes. (Xa sei que isto se pode considerar unha utopía pero outras cousas con menos sentido se constrúen)

•Construción dun xardín botánico, coas principais árbores e plantas das fragas de Aranga. Toda esta flora estaría identificada. Podería situarse na zona da confluencia dos ríos Mandeo e Cambás.


Muniferral


•Ruta do Castro. Unha opción sería facer unha ruta circular dende “Depósito de auga de Muniferral” –Orracas – Castromil – Castro – Igrexa de Muniferral – punto de partida. Utilizaríanse camiños veciñais.

•Ruta do río Vila – Veiga – Percorrido ó longo do río polo sendeiro dos pescadores ata o regato de Chancelas – Vila.

•Ruta de Cicloturismo. Cerdelo – Carballotorto – Santiso – Ponte Castellana – Fraga do Mandeo ó longo da canle da minicentral ata Soutullo – Pardiñas – Cerdelo.

Cambás

•O actual sendeiro, aínda que está moi ben, é excesivamente longo para a maioría da xente (excepto cicloturismo). A parte de mantela, sería interesante facerlle varias alternativas máis curtas.

•Ruta de castros.

•Negociar cunha explotación gandeira unha visita guiada nun horario de visitas determinado.

Feás

•Ruta da natureza Igrexa – Río Mandeo percorrido ó longo do río ata chegar a altura da ermida de Flores, lugar polo que se subiría – regreso ó punto de partida buscando vellos camiños alternativos a estrada.


Fervenzas

•Ruta do río Vexo visitando as fervenzas que lle dan nome a parroquia. Un posible punto de partida podería ser a igrexa.

•Ruta dos castros. Percorrido polos tres castros. Un posible punto de partida podería ser o Sisto ou a Torrelavandeira.

•Ruta ata o lugar no que existiu a torre de Teodomiro, no Monte do Gato, se é localizable.

Vilarraso


•Ruta Río Deo. Ponte vella- estrada de Teixeiro. Atención a muíños, pontes, pasos (a recuperar) para o regreso recuperar vellos camiños evitando estrada.

•Ruta da Lagoa.

•A de cicloturismo proposta para Muniferral dende Cerdelo tamén é válida para partir dende Pontecastellana
  O administrador desactivo a escritura ao publico.
_GEN_GOTOTOP Publicar resposta
© Copyright 2007 Best of Joomla, Potenciado por FireBoardget the latest posts directly to your desktop
2007 Concello de Aranga.
Praza de Mestre Mosquera 1.Pontearanga-A Coruña
Tfno.981793551
Directory of General Blogs Local Blogs - Blog Top Sites