RECOLLIDA PLÁSTICOS AGRÍCOLAS
- Detalles
- Categoría: BANDOS
- Publicado o Martes, 13 May 2014 10:29
- Escrito por admin
- Visitas: 1599
aprobación definitiva ao Plan Xeral de ordenación municipal do Concello de Aranga
- Detalles
- Categoría: BANDOS
- Publicado o Xoves, 26 Decembro 2013 22:12
- Escrito por admin
- Visitas: 2392
Por Orde do 16 de decembro de 2013 , publicada no Diario Oficial de Galicia nº 246 do 26 de decembro de 2013, ditada polo Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, prestouse aprobación definitiva ao Plan Xeral de ordenación municipal do concello de Aranga.
A resolución establece:
"1º.- Outorgar a aprobación definitiva ao Plan Xeral de ordenación municipal do Concello de Aranga, de acordo co establecido no artigo 85.7 a) da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia.
2º.- De conformidade co disposto polos artigos 92 da Lei 9/2002 e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o concello deberá publicar no BOP a normativa e ordenanzas do PXOM aprobado definitivamente.
3º.- Notifíquese esta orde ao Concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.
4º.- Contra esta orde cabe interpoñer recurso contencioso- administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa."
En cumprimento do establecido no apartado segundo da resolución, procédese á publicación da normativa e ordenanzas do PXOM de Aranga aprobado definitivamente.
Aranga, 26 de decembro de 2013
O alcalde :
Asdo:Alberto Platas Álvarez
www.aranga.es/pxom
INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS
- Detalles
- Categoría: BANDOS
- Publicado o Xoves, 05 Decembro 2013 12:46
- Escrito por admin
- Visitas: 1726
ENTREGA DOS TÍTULOS DE PROPIEDADE, CONCENTRACIÓN PARCELARIA DE CAMBÁS
- Detalles
- Categoría: BANDOS
- Publicado o Mércores, 27 Novembro 2013 12:02
- Escrito por admin
- Visitas: 1923
CONCENTRACIÓN PARCELARIA DE CAMBÁS
- Detalles
- Categoría: BANDOS
- Publicado o Venres, 15 Novembro 2013 13:23
- Escrito por admin
- Visitas: 1897
Exposición ó público da Ordenanza reguladora do prezo público do servizo de axuda a domicilio
- Detalles
- Categoría: BANDOS
- Publicado o Luns, 04 Novembro 2013 13:18
- Escrito por admin
- Visitas: 1506
Polo Pleno Municipal deste Concello, na sesión que se realizou o día 31 de outubro de 2013 , acordouse derogar expresamente a Ordenanza reguladora do prezo público do servizo de axuda a domicilio, aprobada o día 24 de xuño de 2009.
Na mesma sesión acordouse aprobar a nova ordenanza reguladora do prezo público do servizo de axuda a domicilio, que se expón ao público polo prazo de trinta días a contar dende o seguinte á insercción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, a efectos de que os interesados poidan presentar as alegacións que estimen oportunas. De non presentarse alegacións, o acordo de aprobación quedará elevado a definitivo.
Aranga, 4 de novembro de 2013
O ALCALDE
Asdo./ Alberto Platas Álvarez