Unidade Móbil de inspección técnica de vehículos en Aranga
- Detalles
- Categoría: BANDOS
- Publicado o Martes, 23 Decembro 2014 17:29
- Escrito por admin
- Visitas: 1330
Por medio do presente documento ponse en coñecemento da veciñanza do municipio que a UNIDADE MÓBIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE MAQUINARIA AGRÍCOLA prestará servizo neste Concello, na "estrada da Castellana que vai da Casa Santiago ao Centro de Saúde", durante os días:
- 7, 8, 9 e 12 de Xaneiro de 2015 co horario seguinte:
MAÑÁS: De 9:00 a 13:30 horas
TARDES: De 15:15 a 18:00 horas
- 9 de Xaneiro de 2015 co horario seguinte:
MAÑÁ: De 9:00 a 13:30 horas
Para solicitar cita previa:
* Por teléfono: 902 309 000
*A través da páxina web: www.sycitv.com - Cita previa.
O que se fai público para o xeral coñecemento.
Aranga, 23 de Decembro de 2014
O ALCALDE
Asdo.: Alberto Platas Álvarez
CONVOCATORIA PÚBLICA PARA CUBRIR A PRAZA DE XUIZ DE PAZ SUBSTITUTO
- Detalles
- Categoría: BANDOS
- Publicado o Luns, 03 Novembro 2014 11:43
- Escrito por admin
- Visitas: 2092
Subvencións concello de Aranga
- Detalles
- Categoría: BANDOS
- Publicado o Luns, 08 Setembro 2014 12:11
- Escrito por admin
- Visitas: 1729
Por medio da presente comunicación ponse en coñecemento dos interesados que a Xunta de Goberno Local , na sesión que celebrou o día 3 de setembro de 2014, adoptou o seguinte acordo que se transcribe literalmente do borrador da acta :
"Primeiro: Conceder subvencións para cada unha das solicitudes que a continuación se indican, cun coeficiente de financiación do 1,00%, financiándose o 28,50% das actividades solicitadas e o 23,90% das inversións solicitadas:
- Ao Consello de Anciáns: 513,00 € para financiar o proxecto de acercamento ás redes sociais, realizando un video.
- Á Asociación de Mulleres do campo: 342,00 € para financiar a realización de talleres diversos.
-Á AAVV Muniferral, Alba Cultural e Recreativa solcita unha subvención polo importe de 2.390,00 € para financiar o acondicionamento de local social.
- Á SCRD O Cruceiro 517,27 € para a celebración do Día do Socio.
- Á AAVV O Igresario Feás 487,35 € para financiar a celebración do día das letras galegas.
- Á Asociación Socio Cultural San Salvador de Fervenzas 484,50 € para financiar actividades de formación e 979,90 € para financiar o pintado do exterior do local social.
- Á Asocaición Hípica Cabaleiros da Cima solicita 370,50 € para a celebración dunha Ruta Cabalar.
- Á ANPA CEIP A Castellana 478,00 € para a organización dun banco de libros que inclue mobiliario e libros e 285,00 € para a organización dun curso de Stevia.
- Á AAVV Santa Cruz de Aranga 1.425,00 € para un curso de restauración de mobles e 1912,00 € para a compra e colocación de parque biosaudable.
- Á AAVV San Lourenzo de Vilarraso 855,00 € para a impartición de clases de baile e 1.434,00 € para a adquisición dun terreo destinado a merendeiro.
- Á Asociación Cultural e Deportiva Val de Aranga 1.710,00 € para a impartición dun curso teórico-práctico sobre o Medio Ambiente e a súa relación cos cultivos agrícolas e 418,01 € para equipamento docente.
- Á AAVV San Pedro de Cambás 1.823,63 € para financiar o acondicionamento do Local social de Toxiño.
-Á Federación Veciñal Fragas do Mandeo unha subvención para financiar os autobuses que se utilicen na excursión anual conxunta de todas as asociacións e a financiación dunha actuación musical con motivo do entroido e 2.390,00 € para ampliación da carpa.
- Á Asociación San Vicente de Fervenzas unha subvención de 2390,00 € para a adquisición de carpa.
- Á Club Xuventude A Castellana 1.539,00 € para financiar a participación en maratóns, ligas de Peñas etc.
Segundo: Denegar a subvención solicitada por Cofradía Virxe das Angustias, polo seu carácter confesional.
Terceiro: O presente acordo seralles notificado expresamente a todos os solicitantes, no prazo de dous meses e será exposta no taboleiro de anuncios da casa consistorial e na práxina web do Concello. Contra a desestimación expresa ou presunta poderán formularse os recursos que procedan.
Cuarto: Os beneficiarios deberán manifestar, no prazo de quince días hábiles dende a recepción da notificación da concesión, a súa aceptación expresa, debendo cumprir as obrigas establecidas na base 7 da convocatoria.
Quinto: O prazo para xustificar a realización da actividade será de tres meses a contar dende a recepción da comunicación da subvención, puidando prorrogarse no caso de petición motivada do beneficiario."
Anuncio corrección de erros do Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Aranga
- Detalles
- Categoría: BANDOS
- Publicado o Xoves, 24 Xullo 2014 11:37
- Escrito por admin
- Visitas: 1535
Por Orde do 9 de xullo de 2014 , ditada pola Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, aprobouse definitivamente a corrección de erros do Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Aranga, facendo constar que contra a dita Orde cabe interpoñer recurso contencioso- administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa.
Ler máis:Anuncio corrección de erros do Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Aranga
BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOUS CONDUTORES PARA A CONDUCIÓN DO VEHÍCULO MOTOBOMBA
- Detalles
- Categoría: BANDOS
- Publicado o Luns, 30 Xuño 2014 11:58
- Escrito por admin
- Visitas: 1617
BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DOUS CONDUTORES PARA A CONDUCIÓN DO VEHÍCULO MOTOBOMBA DURANTE A CAMPAÑA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS DO ANO 2014 NESTE CONCELLO DE ARANGA MEDIANTE CONCURSO DE MÉRITOS.-
1º.-OBXECTO.- O obxecto da presente convocatoria é a contratación laboral de carácter temporal , polo sisetema de concurso de méritos, de dous condutores para o vehículo motobomba municipal durante a campaña do ano 2014, que comenza o día 16 de xullo.
BASES PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN/HA AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO PARA O CONCELLO DE ARANGA
- Detalles
- Categoría: BANDOS
- Publicado o Mércores, 14 May 2014 12:09
- Escrito por admin
- Visitas: 1757