EDICTO 15/07/2016

E D I C T O .-

Formulada e rendida a Conta Xeral deste Concello correspondente ao exercicio 2015, e informada pola Comisión Especial de Contas, expónse ao público, cos documentos que a xustifican, na Secretaría desde Concello, por espacio de quince días hábiles, contados a partir do día seguiente ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, co obxecto de que os interesados poidan examinala e formular os reparos e reclamacións que estimen pertinentes, durante dito prazo e oito días máis, de conformidade co disposto nos artígos 116 da Lei 7/1985 reguladora das Bases do Réxime Local e 212 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aprobada polo Real Decreto Lexislativo 2/2004.

Aranga, a 15 de xullo de 2016

O ALCALDE :

Asdo/Alberto Platas Álvarez

RECOLLIDA PLÁSTICOS AGRÍCOLAS MAIO 2016

bandoplasticos16

ARANGA XA TEN DOMINIO .GAL

 

 

O Concello de Aranga xa é

logo2

un minuto de silencio

instantnea 1 23-03-2016 13-08

 

O CONCELLO DE ARANGA SÚMASE Á DOR QUE SUFREN AS VÍTIMAS E APOIA AS FAMILIAS DAS PERSOAS FALECIDAS NOS ATENTADOS QUE TIVERON LUGAR EN BRUXELAS.

QUE A PAZ PREVALEZA!

APROBACIÓN DEFINITIVA ORZAMENTOS MUNICIPAIS 2016

De conformidade co disposto no artigo 169.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, que aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das facendas locais e aprobado definitivamente polo Pleno Municipal o orzamento municipal para o exercicio 2016, faise púbico que o orzamento ascende, tanto en gastos como en ingresos, á contía de 2.286.323,06 € (dous millóns douscentos oitenta e seis mil trescentos vinte e tres con seis céntimos) correspondéndolle a cada capítulo as cantidades que a continuación se expresan, segundo o seguinte detalle:

Ler máis:APROBACIÓN DEFINITIVA ORZAMENTOS MUNICIPAIS 2016

MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DO FOMENTO DA NATALIDADE

O pleno municipal, na sesión que realizou o día 29 de febreiro de 2016 acordou proceder á modificación da ordenanza reguladora do fomento da natalidade, concretamente nos seus artigos 2, 3 e 7 .

O que se fai público a efectos de dar audiencia aos interesados para presentar as reclamacións e suxerencias que estimen oportunas , no prazo de trinta días dende a insercción deste anuncio.

No caso de non se presentar ningúnha, esta modificación da ordenanza consideraráse elevada a definitiva.

Aranga a 4 de marzo de 2016

O Alcalde :

Asdo.:Alberto Platas Álvarez

Información adicional