Orzamento Xeral Municipal exercicio de 2012, e cadro de persoal
- Detalles
- Categoría: BANDOS
- Publicado o Luns, 16 Xaneiro 2012 14:27
- Escrito por admin
- Visitas: 261
O Pleno da Corporación logo de aprobar o Orzamento Xeral Municipal para o exercicio de 2012, o cadro de persoal e a relación de postos de traballo para o dito exercicio, en cumprimento do que se dispón no artigo 169 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e nas disposicións concordantes, expónse ao público na Secretaría deste Concello,
polo prazo de quince días hábiles -que se empezarán a contar desde o día seguinte á inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia- co fin de que durante este prazo poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes, as cales deberán ser dirixidas ao Sr. presidente desta Corporación.
Aranga, 16 de xaneiro de 2012
O Alcalde :
Asdo:Alberto Platas Álvarez

