INFORMACIÓN PÚBLICA DA APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO DE URBANIZACIÓN DO SECTOR I2

  • imprimir

Por medio do presente pónse en coñecemento dos interesados que a Xunta de Goberno Local de Aranga, na sesión do 04/07/2019 , aprobou inicialmente o Proxecto de Urbanización presentado do sector I2 do solo urbanizable de uso industrial, co obxectivo de mellorar as condicións dun enclave sito no lugar de A Posta destinado a xestión de residuos.

O que se expón ao público, durante o prazo dun mes contado á partir do día seguinte á insercción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, de conformidade co establecido no artigo 96 da lei 2/2016 de 10 de febreiro do solo de Galicia, a efectos do seu exame na secretaría municipal e presentación de alegacións.

Aranga, 5 de xullo de 2019

O ALCALDE:

Asdo: Alberto Platas Álvarez