Exponse ao público o Regulamento de ficheiros de datos de carácter persoal do concello de aranga

  • imprimir

Polo pleno municipal, na sesión ordinaria do día 7 de setembro de 2017, acordouse aprobar o Regulamento de ficheiros de datos de carácter persoal do concello de Aranga, que se expón ao público, na secretaría municipal, polo prazo de trinta días a contar dende o seguinte á inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, a efectos de que os interesados poidan presentar as alegacións e suxerencias que estimen pertinentes.

De non presentarse alegacións , o acordo de aprobación quedará elevado a definitivo.

Aranga, 11 de setembro de 2017

O alcalde :

Asdo:Alberto Platas Álvarez