Logo de incoar o expediente para contratar  dous conductores do vehículo motobomba para a campaña de prevención e extincción de incendios forestais 2020, de conformidade coas bases aprobadas o 01/06/2020.

Logo de nomearse aos dous primeiros candidatos seleccionados segundo a proposta de tribunal, por un deles se presenta por escrito a renuncia ao posto de traballo.

RESOLVO:

1º.- Aceptar a renuncia presentada polo candidato  Pablo Sayar Reboredo, procedendo a dalo de baixa e nomear  como condutor  do vehículo motobomba  do concello de Aranga, durante a campaña 2020,  ao seguinte candidato seleccionado:   David Pereira Vázquez.

2º.- Notificarlle a presente Resolución ao aspirante    nomeado   ao fin de que se proceda a formalizar o oportuno contrato, comenzando a prestación dos seus servizos o día  dezaseis   de xullo de 2020 e  durante o prazo de tres meses e medio, salvo modificación do prazo  fixado no convenio subscrito coa Consellería de Medio Rural. O vehículo estará operativo dezaseis horas ao día , incluídos domingos e festivos asi como as quendas da noite que sexan  necearias, realizando tarefas de prevención e defensa contra incendios.

3º.- Darlle conta da presente Resolución ao Pleno Municipal, na primeira sesión ordinaria que se realice.

4º.- Contra a presente Resolución, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer o recurso potestativo de reposición ante a alcaldía, nos termos e prazos sinalados na Lei 39/2015 , do procedemento administrativo común das administracións públicas , ou directamente un recurso contencioso- administrativo nos termos e prazos sinalados na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa.

        Aranga, a   15 de xullo de 2020

        O alcalde :


        Asdo:Alberto Platas Álvarez