concesión subvenciós muninicipais 2017

  • imprimir

TABOLEIRO DE ANUNCIOS.

Por medio da presente comunicación ponse en coñecemento dos interesados que a Xunta de Goberno Local , na sesión que celebrou o día 24 de xullo de 2017,  adoptou o seguinte acordo que se transcribe literalmente do borrador da acta :

"Primeiro: Aceptar os criterios interpretativos da Comisión ,  e facer as seguintes consideracións:

 

 

-Respecto da solicitude da AAVV San Lourenzo de Villarraso, enumeran tres actividades diferentes, e tendo en conta que se enumeran correlativamente, débese ter en  conta a primeira delas.  A tal efecto e para determinar o orzamento a ter en conta, constando como orzamento total 6.000 € desenvolvéndose en catro días, e considerando que se solicita a primeira delas, que ten dos días de duración, fíxase como orzamento a cantidade de 3.000,00 €.

-Respecto da solicitude da Asociación de Veciños Muniferral Alba Cultural e Recreativa detéctase un erro na solicitude: pídense 5600,00 € de subvención na primeira parte e 6,300,00 € na segunda parte do anexo I. Óptase por considerar que a solicitude refírese ao orzamento aportado de 6.286,00 €.

-Respecto das solicitudes presentadas pola Asociación Hípica Cabaleiros da Cima e a Asociación Ecuestre Cabaleiros de Cambás, redúncese os orzamentos de solicitude de actividade, excluíndo, en ambos casos o importe das  actuacións musicais, ao estar expresamente excluídas nas bases.

-Respecto da Asociación de Veciños O Igresario de Fervenzas, solicitan 1.060,00 € ao prever unha aportación de socios de 100,00 €. Pero ao presentar o orzamento detallado consta a cantidade de 1.498,75 e polo que se considera que solicitan 1,398,75 €.

-Respecto da Federación de Asociacións, acordáse , tal e como se establece nas bases aprobadas, financiar ao cen por cen o transporte con motivo da  excursión conxunta das asociacións.

Segundo: Conceder subvencións para cada unha das solicitudes que a continuación se indican, cun coeficiente de financiación do 1,00%, financiándose o 65% das actividades solicitadas e o 26% das inversións solicitadas:

Subvencións para actividades :

- A A.N.P.A. A Castellana, 3.646,50 € para organización de Mindfullnes "convive" sen prexuicio do pago do autobus con motivo da excursión anual.

- Ao Club Deportivo Xuventude Aranga  3.900,00 € para a  organización de actividades da liga de peñas de terceira rexional A.

-A Asociación Hípica Cabaleiros da Cima: 390,00 € para a organización de ruta cabalar.

-A Asociación Ecuestre  Cabaleiros de Cambás : 1.430,00 € para a organización de ruta cabalar.

- Á AA.VV.San Lourenzo de Vilarraso: 1.950,00 € para organización de festa infantil.

- Á AA.VV. San Salvador de Fervenzas: 3.900,00 € para organización de curso de Inglés.

- Á Federación Veciñal Fragas do Mandeo : 1.300,00 € para a celebración de  Merenda nas fragas, sen prexuicio de aboar o coste dos autobuses con motivo da excursión organizada anualmente.

- A A.E.C.C. 585,00 € con destino á financiación dun programa de educación para a saúde.

-A AAVV.Santa Cruz de Aranga, 3.575,00 € para a celebración da festa infantil de San Paio.

-  A AA.VV.O Igresario de Feás: 909,19 € con destino á organización da celebración do día das letras galegas.

-Á S.C.R.D.O Cruceiro de Feás : 409,50 € para  a organización da celebración do día do socio.

Subvención para inversións:

- A -Á AAVV Muniferral Alba, Cultural e Recreativa, 1.634,36 e para a adquisición de equipamento.

-- A A.N.P.A. A Castellana, 2.595,06 €  para  equipamento da aula multisensorial.

- Ao Club Deportivo Xuventude Aranga 2.600,00  € para adquisición de material deportivo de adestramento.

-Asociación de Veciños San Vicente de Fervenzas 2.599,60€ con destino a acondicionamento de local.

-A Asociación Hípica Cabaleiros da Cima: 97,50 € para adquisición de chalecos.

-A Asociación Ecuestre  Cabaleiros de Cambás : 738,40 € para adquisición de sillas de montar e cabezadas.

- Á AA.VV.San Lourenzo de Vilarraso: 2.600,00 € para reposición de equipamento.

- Á AA.VV. San Salvador de Fervenzas: 1.803,39 €  para adquisición de equipamento para el local social.

- Á Federación Veciñal Fragas do Mandeo : 1.300,00 €  reparación de carpa e ancoraxe.

-A AAVV.Santa Cruz de Aranga, 1.900,18  € para a ampliación e reparación da ára recreativa.

-  A AA.VV.O Igresario de Feás: 258,39 €  para adquisición de equipamento audiovisual.

-Á S.C.R.D.O Cruceiro de Feás : 370,10 € para  a adquisición de equipamento deportivo.

Terceiro : O presente acordo seralles notificado expresamente a todos os solicitantes, no prazo de dous meses , e será exposto no taboleiro de anuncios da casa consistorial e na páxina web do Concello. Contra a desestimación expresa ou presunta poderán formularse os recursos que procedan.

Cuarto : Os beneficiarios deberán manifestar a aceptación da  subvención, manifesetandose que no caso de no comunicar a aceptación, entenderáse aceptada tácitamente, debendo cumprir as obrigas establecidas na base 8 da convocatoria.

Quinto : O prazo para xustificar a realización da actividade  ou inversión será ata o 15 de decembro de 2017."

Aranga , a 26 de xullo de 2017

O alcalde :

Asdo:Alberto Platas Álvarez