bases da convocatoria pública de subvencións municipais para familias e institucións sen fin de lucro para o ano 2017

  • imprimir

ANUNCIO.-

Polo presente anuncio ponse en coñecemento dos interesasdos/as que o pleno municipal deste Concello de Aranga ven de aprobar, na sesión que se realizou o día 27 de abril de 2017 , as bases da convocatoria pública de subvencións municipais para familias e institucións sen fin de lucro para o ano 2017, establecendo o prazo de vinte días hábiles, que se contará a partir do día seguinte á inserción deste anuncio, para a presentación de solicitudes.

Aranga, 2 de maio de 2017

O alcalde :

Asdo:Alberto Platas Álvarez

BASES DA CONVOCATORIA PÚBLICA DE SUBVENVIÓNS MUNICIPAIS A FAMILIAS E ENTIDADES SEN FIN DE LUCRO PARA O ANO 2017.-

1. Finalidade e principios xerais.

Coa finalidade de apoiar as entidades e asociacións sen fin de lucro que prestan servizos ou realizan actividades que complementen ou suplan os atribuídos á competencia municipal, ou que contribúan ao fomento dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños do municipio, no ámbito da cultura, deporte e festexos patronais, convócanse para o exercicio 2016 as seguintes subvencións, consoante co disposto na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no Real Decreto 2/2004, de 5 de maio, que aproba o Texto refundido da Lei das facendas locais, no Regulamento de servizos das corporacións locais, na Lei 38/2003 xeral de subvencións e o seu regulamento, na Lei 5/1997 de administración local de Galicia e na Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e o seu regulamento.

Os principios aos que se suxeita o procedemento de outorgamento de subvencións son os seguintes: publicidade, concorrencia, transparencia, obxectividade, igualdade, non discriminación, eficacia, eficiencia, voluntariedade e non vinculación para futuras subvencións.

A presente convocatoria marca obxetivos de carácter xeral como a mellora da xestión e organización de actividades e equipamentos mediante a concesión de subvencións.

Quedan excluídas da presente convocatoria as seguintes actividades ou investimentos:

- Os gastos de manutención.

- Os gastos de traslado ou transporte excepto os que soliciten e realizen, conxuntamente, todas as asociacións a través da Federación Municipal de Aranga "Fragas do Mandeo" así como os gastos de transporte da excursión anual que realiza o ANPa da Castellana.

- As actividades ou inversións de carácter confesional.

Cada solicitante só poderá solicitar unha subvención para un obxecto dentro de cada apartado, é dicir, como máximo poderá solicitarse unha subvención para actividade e outra para inversión. Ademais indicarase a prioridade entre elas.

2. Obxecto e aplicación presupostaria.

Serán obxecto de subvención especialmente os seguintes ámbitos de actuación: cultura, deportes e festexos patronais, nos apartados de actividades e de inversión.

1.-Apartado de actividades:

1.1. En materia de cultura, poderán ser obxecto de subvención: Programas culturais tales como certames, encontros, conferencias, estudos, publicacións, concursos, cursos, talleres, obradorios, etc.

1.2.En materia de deportes poderán ser obxecto de subvenvción: Actividades de promoción do deporte en clubs deportivos, e en xeral as que perseguen interese sociodeportivo ou son de utilidade pública, tales como campionatos, intercambios, etc.

2.- Apartado de inversións:

2.1. En materia de cultura: Obras de novas instalacións ou de mantemento e conservación, tales como melloras nas instalacións ou creación de novas instalacións, así como equipamentos de materiais ou mobiliario e medios non funxibles necesarios para o desenvolvemento da actividade.

2.2. En materia de deportes: Obras de mantemento e conservación das instalacións existentes, obras de nova creación, así como o equipamento de materiais necesarios para o desenvolvemento das actividades.

3. En materia de festexos patronais financiarase con 300 €, exclusivamente, a celebración das festas patronais, sempre e cando se soliciten pola Comisión de Festas que dispoña do seu CIF correspondente e se acredite a celebración da festa. Estas subvencións quedan excluídas da aplicación da presente convocatoria.

As subvencións ou transferencias correntes a familias e institucións sen fin de lucro imputaranse á partida 2017.0.334.0.48900 dotada cun crédito inicial de 20.500,00 € (incluíndo as subvencións nominativas fixadas nas bases de execución do orzamento). Respecto das inversións imputaranse á partida 2017.0.459.0.78000 dotada cun crédito inicial de 18.500,00 €. Os créditos para as comisións de festas están previstos na partida 2016.0.338.48900.

Non obstante e unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes o Pleno Municipal, á vista das que tiveron entrada no Rexistro Xeral, poderá modificar estas contías despois do expediente de modificación de créditos.

3. Solicitantes.

1. Poderán optar a estas subvencións, sempre que cumpran os requisitos que se indican:

- as familias ou particulares e

- as entidades ou asociacións, xuridicamente constituídas, así como os comités organizadores, que estean inscritas no rexistro municipal de asociacións.

Requisitos: - Carecer de fins de lucro.

- Desenvolvemento da súa actividade dentro do termo municipal de Aranga, ou con beneficio evidente para a veciñanza.

- Non ter pendente de xustificar ningunha subvención ou axuda concedida polo Concello salvo que a Comisión de Subvencións aprecie razóns que xustifiquen eludir ese requisito.

- Estar ao día nas obrigas tributarias, coa seguridade social e co Concello.

- Non estar incurso en supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percepción de axudas ou subvencións públicas.

2. Tamén poderán solicitalas os deportistas individuais do Concello, que estean en posesión da licenza de federado expedida pola correspondente federación deportiva e teñan máis de 18 anos e leven empadroados no concello máis de dous anos e sempre que non presenten solicitude como asociación.

3. As ANPA dos centros de ensino público do Concello.

4. Condicións das solicitudes.

1. As subvenciós solicitadas por cada asociacións, familia ou particular que cumpran os requisitos sinalados na base 3, poderán referirse, exclusivamente, a un obxecto dentro de cada apartado. É dicir, só poderán solicitar, como máximo, unha subvención para actividades e outra para inversións, sinalando ademais a prioridade entre elas.

2. Establécese a contía máxima de cada solicitude en 6.000,00 € para actividades e de 10.000,00 € para inversións, de xeito que as solicitudes, para cada un dos ámbitos, que excedan do dito importe serán reducidas automaticamente.

3. As solicitudes para inversión deberán ir acompañadas de certificación da titularidade do ben no que ser realizará a inversión ou autorización do seu titular.

5. Documentación.

As solicitudes formularanse nos modelos normalizados que se lles facilitarán nas oficinas municipais e achegarase a seguinte documentación:

a) Memoria explicativa da actividade que se quere realizar, indicando os obxectivos, os beneficiarios e os fins a que se destinarán aos fondos (Anexo I).

b) Presuposto detallado dos gastos e ingresos da actividade (Anexo II).

c) Importe da subvención que se solicita que en ningún caso poderá ser de tal cantidade que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións ou outros entes públicos ou privados, supere o custo total da actividade que se vai realizar (Anexo I).

O importe da subvención consistirá nunha porcentaxe do solicitado, tendo en conta que se considerará importe solicitado o que se deduza da solicitude (Anexo I) , que será a cantidade que resulte de descontar, do orzamento de gastos o importe dos ingresos procedenetes doutras aportacións, incluídas as aportacións dos socios/as.

A porcentaxe de financiación fixarase pola Comisión avaliadora, tendo en conta o crédito dispoñible e as solicitudes presentadas.

d) Certificación da conta bancaria do solicitante.

e) Os comités organizadores ou veciñais presentarán ademais da acta fundacional coa relación dos seus compoñentes e a estrutura de funcionamenteo, unha copia do CIF solicitado para o efecto.

f) No caso de que a información que consta no rexistro municipal de asociacións non estea actualizada, incorporarase a súa comunicación.

g) Certificación do acordo de solicitude adoptado polo órgano competente e do nomeamento do representante para as súas relacións co Concello, no caso de entidades formalizadas (Anexo II).

h) Declaración do representante de non estar incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade e de aceptación das bases da convocatoria (Anexo III).

i) Declaración do representante de que o solicitante está ao corrente das súas obrigas tributarias e de seguridade social e autorización para obter directamente certificacións ou informes sobre os ditos aspectos dos organismos competentes (Anexo III).

j) Cando a axuda se solicite para o apartado de actividades deberá comunicarlle ao concello a data para a súa realización, con carácter previo, a efectos de facilitar as actuacións de comprobación.

k) Cando a axuda se solicite para inversións presentarase un plano de situación e descrición valorada das obras co orzamento detallado. Acreditarase ademais a titularidade do ben no que se realizará a inversións, ou autorización expresa do titular, e ademais adxuntarase o compromiso de solicitar a licenza e as autorizacións precisas para a realización da inversión.

No caso de que as solicitudes non reunisen os requisitos mínimos esixidos farase un requirimento para a emenda, no prazo de dez días hábiles. O incumprimento da emenda producirá a caducidade da solicitude.

6. Lugar e prazo de presentación de solicitudes.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral do Concello, na forma establecida no artigo 38.4 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles que se contarán a partir do día seguinte á publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

7. Resolución das subvencións.

A concesión de subvencións realizarase mediante o réxime de concorrencia competitiva, por Resolución da Xunta de Goberno Local, despois da proposta motivada da Comisión avaliadora, logo da petición dos informes que considere oportunos.

A Comisión municipal de subvencións ten a facultade de interpretar as presentes bases.

A Comisión de subvencións estará composta por:

- Presidente: o Alcalde.

- Vogais: un representante de cada grupo municipal, que serán nomeados polo Alcalde a proposta de cada grupo.

- Secretaria: a da corporación ou funcionario en quen delegue.

A selección das peticións e a contía das subvencións determinaranse tendo en conta os seguintes criterios:

1. Interese xeral ou sectorial, utilidade ou servizo do investimento ou actividade que se propón realizar: poderanse outorgar ata 5 puntos.

2. Número de veciños beneficiados directa ou indirectamente pola actividade ou investimento: poderanse outorgar ata 5 puntos.

3. Representatividade social e territorial no municipio: poderanse outorgar ata 3 puntos.

4. O carácter periódico ou permanente da actividade subvencionada: poderá valorarse ata 3 puntos.

5. Coordinación e complementariedade cos programas desenvolvidos polo Concello: poderanse outorgar ata 5 puntos.

A Xunta de Goberno Local analizará a proposta da Comisión e resolverá, logo do informe de fiscalización de Secretaría-Intervención, realizando o oportuno reparto da cantidade disponible.

A resolución da concesión seralles notificada expresamente a todos os solicitantes, no prazo de dous meses que se contarán a partir da data da resolución, e será exposta no taboleiro de anuncios da casa consistorial e na páxina web do Concello. Contra a desestimación expresa ou presunta poderán formularse os recursos que procedan.

O coeficiente de financiación que se establece para a concesión das subvencións será do un por cento. Este coeficiente poderá modificarse a proposta da Comisión municipal de subvencións.

8. Obrigas dos beneficiarios.

Os beneficiarios deberán aceptar a subvención, e unha vez aceptada, deberán:

1. Realizar as actividades ou inversións propostas, acreditanto o cumprimento da finalidade da subvención.

Por motivos xustificados poderán solicitarse o cambio do obxecto da subvención, tanto en canto ao ámbito como ao tipo de subvención e o importe máximo será o mesmo da Resolución que se ditou, salvo que proceda a redución da contía por obter valoración menor.

2. Someterse ás actuacións de comprobación do Concello así como facilitar a información que o Consello de contas lle requira.

3. Comunicarlle ao Concello a concesión doutras subvencións concorrentes por parte doutras administracións ou entidades para a mesma finalidade.

4. Conservar a contabilidade precisa e os documentos xustificativos da aplicación dos fondos durante o prazo de catro anos.

5. Proceder ao reintegro do percibido en caso de incumprimento ou xustificación insuficiente.

6. Sinalar na publicidade da actividade ou na inversión o cofinanciamento do Concello de Aranga. A non xustificación desta obriga por parte do beneficiario poderá determinar a perda da subvención.

7. Asumir todas as responsabilidades civís e legais da actividade ou inversión que realizan.

8. Compromiso de manter as inversións ou equipamentos durante tres anos, destinándoos a finalidade para que foi concedida a subvención.

9. Comunicarlle ao concello as datas da realización das actividades que sexan obxecto da subvención.

9. Xustificación.

O prazo para xustificar a subvención será dentro do ano natural, debendo presentar a documentación xustificativa da subvención antes do día 15 de decembro de 2017, sen posiblidade de prórroga.

De non se presentar a xustificación dentro do prazo indicado (antes do 15/12/2016) iniciarase expediente de anulación do compromiso de gasto, mediante Resolución da Alcaldía.

Se a documentación presentada fose insuficiente ou incorrecta outorgarase un prazo de dez días para a súa emenda.

O importe da subvención concedida en ningún caso poderá ser de tal contía que, en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións ou entidades, supere o custo da actividade ou do investimento que desenvolva o beneficiario.

Para a xustificación da subvención o beneficiario deberá presentar, no Rexistro Xeral do Concello, a seguinte documentación:

- Certificación do secretario da entidade, co visto e prace do presidente, que acredite o cumprimento da actividade ou investimento, e por tanto de ter cumprida a finalidade da subvención.

- Certificación do secretario co visto e prace do presidente, das subvencións obtidas doutros organismos ou entidades para o mesmo concepto.

- As subvencións que teñan por finalidade a realización de actividades ou inversións xustificaranse mediante facturas orixinais ou copias compulsadas.

- Xustificante do cumprimento da obriga de publicitar o cofinanciamento do Concello.

- Memoria xustificativa das actividades realizadas ou dos investimentos realizados obxecto da subvención.

10. Pagamento.

Á vista da documentación xustificativa a Comisión Municipal de subvencións valorará o cumprimento da finalidade básica obxecto da subvención. Logo das comprobacións oportunas procederá a propoñer a Alcaldía o seu aboamento, mediante transferencia bancaria na conta sinalada polo beneficiario. Se se xustifica o gasto polo 100% do orzamento subvencionado aboarase a totalidade da subvención e no caso de que se xustifique un gasto inferior ao orzamento subvencionado, aboarase a parte proporcional da subvención.

11. Anticipos.

Será posible anticipar ata un 50% da cantidade concedida nos casos nos que, despois da solicitude razoada da entidade, así acorde a Xunta de Goberno Local, sempre que estea iniciada a actividade ou a inversión. O 50% restante aboarase no momento da xustificación.

12. Reintegros.

Procederase ao reintegro total ou parcial da subvención ou do anticipo outorgado cando se constate, logo de oír o beneficiario, calquera das seguintes situacións:

- Incumprimento da finalidade obxecto da subvención.

- Falta de xustificación ou realizar a xustificación de forma insuficiente ou deficiente.

- Obtención da subvención falseando ou ocultando as condicións necesarias para iso.

- Non xustificar a publicidade do cofinanciamento polo Concello.

13. Réxime xurídico aplicable.

Estas bases e as subvencións que se outorguen ao seu amparo rexeranse polas mesmas e no non previsto por elas:

- Pola Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións e o Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, do regulamento xeral de subvencións.

- Pola Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o Decreto 11/2009.

- Pola Lei reguladora das bases de réxime local 7/1985, de 2 de abril, e a Lei 5/ 1997, de 22 de xullo, da adminstración local de Galicia.

- Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, que aproba o Texto refundido da Lei das facendas locais.

- Restantes disposicións complementarias aplicables.

- Polas bases do Orzamento municipal do exercicio 2016 do Concello de Aranga.

Aranga, 24 de abril de 2017. O alcalde.Asdo.: Alberto Platas Álvarez.

ANEXO I.-MODELO DE SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN PARA A PROMOCIÓN DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS E CULTURAIS / REALIZACIÓN DE INVERSIÓNS NO ANO 2017.-

DATOS DA ENTIDADE :

Nome ________________________________________________________, CIF________________

Enderezo________________________________________________ Localidade________________________, Teléfono ___________________ , Número de Rexistro Municipal de Asociacións____________.

DATOS DO REPRESENTANTE:

Nome e apelidos____________________________________________________________________

NIF___________________., como ________________ da Entidade .

OBXECTO DA SUBVENCIÓN:_______________________________________________________

_________________________________________________________________________________________

_________________________________________________________________________________________

__________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

______________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________.-

(Deberase describir, de xeito suficiente e detallado, a actividade ou o investimento para o que se solicita a subvención, así como da fin ou do obxecto que se espera acadar con ela).

NÚMERO ESTIMADO DE PERSOAS QUE SE BENEFICIAN COA AXUDA:____.

(Este número deberá ser razoado podendo basearse no número de socios/as, no número de participantes na actividade en anteriores edicións , etc).

IMPORTE DA SUBVENCIÓN SOLICITADA :_____________________________.

OUTRAS SUBVENCIÓNS SOLICITADAS OU RECIBIDAS:

ORZAMENTO ESTIMATIVO DE GASTOS E INGRESOS:

Aranga, de de 2017

Asdo.: O representante da Entidade

ANEXO II.- DESIGNACIÓN DA PERSOA REPRESENTANTE DA ENTIDADE ANTE O CONCELLO DE ARANGA.-

D./D.ª________________________________________, en calidade de secretario/a da entidade __________________________________________________________,

CERTIFICO:

Que a Xunta directiva da entidade, na sesión que se realizou o día ___________, adoptou o seguinte acordo:

1º.- Acollerse á convocatoria de subvencións publicada polo Concello de Aranga para a promoción de actividades culturais e deportivas e festexos populares correspondentes ao exercicio 2016.

2º.- Designar a D./D.ª ________________________________________________ para que represente á entidade ante o Concello en todo o procedemento.

E para que así conste, para os efectos oportunos, asino o presente documento de orde e co visto e prace do Sr. presidente en Aranga, a de de dous mil dezasete

O secretario/a: V.e Pr.

O Presidente:

ANEXO III.- DECLARACIÓN RESPONSABLE DO REPRESENTANTE DA ENTIDADE.

D./D.ª____________________________________, co NIF _____________ e domicilio en __________________________________, na súa calidade de representante da entidade ______________________________, con coñecemento dos delictos nos que puidese incorrer por falsidade,

DECLARO:

- Que coñezo e acepto as bases da convocatoria e que non estou incurso en causa de incompatibilidade ou incapacidade ningunha para contratar e percibir subvencións da administración pública.

- Que a entidade por min representada se somete ás actuacións de comprobación e á achega da documentación que o Concello de Aranga poida acordar para comprobar que as actuacións ás que adique a subvención , no caso de que nos fose concedida, se corresponden coa finalidade para os que se solicita.

- Que a entidade por min representada se compromete a difundir na publicidade das actividades subvencionadas o carácter público do financiamento, indicando expresamente a colaboración do Concello de Aranga, inserindo o seu logo oficial en todo o material que se utilice para a dita difusión.

- Que a entidade está ao corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

- Que autorizo ao Concello de Aranga a solicitar no nome da entidade por min representada as certificacións da Axencia Estatal da Administración Tributaria e da Tesourería da Seguridade Social, a fin de acreditar o cumprimento das correspondentes obrigas. (No caso de non autorizalo, a entidade deberá aportar estas certificacións oficiais con carácter previo ao pagoamento da axuda que se lle outorgue).

Aranga, de de 2017

Asdo.: O representante da entidade

ANEXO IV.- ACORDO DE SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN E DESIGNACIÓN DA PERSOA ASINANTE (SÓ AS COMISIÓNS DE FESTAS).

Os abaixo asinantes,

DECLARAN:

1º.- Que a comisión e Festas de _________________ , co CIF número ________está integrada polas seguintes persoas:

2º.- Que estas persoas decidiron acollerse á convocatoria de subvencións publicada polo Concello de Aranga para a promoción de festexos correspondentes ao ano 2017.

3º.-Que os asinantes decidiron designar a D./D.ª _________________________

para que formule e asine a solicitude de achega á que se refiren as bases da subvención.

4º.- Que todos e cada un dos abaixo asinantes responden solidariamente das obrigas que se deriven da subvención que agora se solicita.

Aranga, de de 2017

ANEXO V. XUSTIFICACIÓN.

D./D.ª______________________________________________________________, na súa calidade de secretario/a da entidade ___________________________,

CERTIFICA:

Que foron efectuadas as actividades ou investimentos financiados coa achega concedida polo Concello de Aranga para a promoción de actividades culturais e deportivas, ao abeiro da convocatoria correspondente ao exercicio 2017 resultando cumprida a finalidade da subvención.

Que a relación de gastos e ingresos en que ten incurrido a asociación é a seguinte:

GASTOS EFECTUADOS:

INGRESOS QUE FINANCIARON A ACTIVIDADE OU INVESTIMENTO:

Que se obtiveron doutras Administracións ou Organismos públicos ou privados, as seguintes subencións para a mesma finalidade:

___________________________________________________________________________

___________________________________________________________________________

_______________________________________________________________________.-

Que se adxuntan facturas orixinais dos gastos realizados así como o xustificante da publicidade da cofinanciación polo Concello e a memoria explicativa das actividades ou invesións.

Aranga, de de 2017. Asdo:".