ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE ACTIVIDADES ECONÓMICAS

Artigo 1º.-

De conformidade co previsto nos artigos 88 e 89 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das facendas locais, o coeficiente e a escala de índices do Imposto sobre Actividades Económicas aplicables neste municipio quedan fixados nos termos que se establecen nos artigos seguintes.

Artigo 2º.-

Para todas as actividades exercidas no termo municipal as cotas mínimas das tarifas do imposto sobre actividades económicas serán incrementadas mediante a aplicación sobre elas do coeficiente único de 1.

Artigo 3º.-

Para os efectos que se prevén para a aplicación da escala de índices do artigo seguinte, as vías públicas clasifícanse en dúas categorías fiscais que son as seguintes:

1ª categoría fiscal: vías públicas comprendidas dentro dos núcleos urbanos de poboación.

2ª categoría fiscal: as restantes vías públicas.

Artigo 4º.-

Sobre as cotas incrementadas por aplicación do coeficiente que se sinala no artigo 2º desta Ordenanza Fiscal, tal e como perceptúa o artigo 89 da citada Lei, e atendendo á categoría fiscal da vía pública onde radique a actividade económica, establécese a seguinte escala de índices:

CATEGORÍA FISCAL DA

VÍA PÚBLICA

                                            1ª          2ª

Índice aplicable................... 1.1           1

Artigo 5º.-

No non expresamente previsto na presente Ordenanza rexerán os preceptos contidos na subsección 3ª da sección 3ª, do capítulo II, do título II da citada Lei 39/1988, concordantes e complementarios desta, e nas demais Leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións ditadas para o seu desenvolvemento.

Disposición final.-A presente ordenanza fiscal, cuxa redacción definitiva foi aprobada polo Pleno da corporación na sesión que se realizou o día vinte e oito de novembro de 1991, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día 1 de xaneiro de 1992, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.