INICIO

Plan Hurbe A Castellana

  • imprimir

 

visita conselleira plan urbevisita conselleira plan urbe5

O 17 de xaneiro, Ángeles Vázquez, Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Secretaria Xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, xunto co Alcalde, Alberto Platas , e os concelleiros Eva Sánchez, Miguel Iglesias e Diego Vázquez visitaron o lugar de A Castellana onde se levou a cabo o proxecto do Plan Hurbe que consistiu na humanización do núcleo da Castellana.

Coas actuacións levadas a cabo prenténdese mellorar e modernizar a ordenación urbanística coa mellora das prazas de aparcadoiro, sinalización de catro prazas reservadas para persoas con diversidade funcional ademais de contribuír á redución do gasto público grazas á modernización das luminarias dos viais cambiándoas por 80 luminarias de teconoloxía LED, tamén se aproveitou a realización destas obras para soterrar o cableado e minorar o impacto visual da instalación.

Con todo esto consideramos que se mellora a calidade de vida dos veciños/as do lugar e dos foráneos que se acheguen a este núcleo onde se atopan moitos dos servizos existentes no concello de Aranga.