Dende o Concello de Aranga, imos facer unha campaña de visibilización da labor das mulleres veciñas do municipio, ó mesmo tempo que promover o rexeitamento total á violencia.
Consistiría nunha especie de mural como o da imaxe con veciñas do Concello identificando a súa actividade máis relevante, acompañando lemas contra a violencia. Coa que se editaría material divulgativo (pósters, panfletos, etc….)

Se tes a ben colaborar nesta proposta mándanos a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. unha foto túa.

A túa imaxe aparecerá entre moitas outras, por si che dá moita vergoña o protagonismo….

Has de saber que o feito de enviarnos a imaxe dende a túa conta de correo , supón a aceptación da publicación da túa imaxe. A efectos de autorización do uso dos dereitos sobre ela únicamente para a campaña “Aranga NON Violencia”.